Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Club de Pesca Maritima O Isco organiza o VII Concurso de Pesca Marítima desde Costa San Martiño 2012

Poderán participar no VII Concurso de Pesca Marítima desde costa San Martiño 2012 todos os pescadores que teñan a licenza de pesca en vigor expedida pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, licenza federativa 2012 da Federación Galega de Pesca e casting e aboasen a taxa de inscrición no plazo establecido.

A organización establece un máximo de 50 participantes e seleccionaranse por orde de inscrición.

O concurso desenvolverase o día 11 de novembro de 2012 na praia da Lanzada.

A modalidade será a de “pesca desde costa a fondo” e los postos serán de libre elección. Entre cada posto de pesca respectarase a distancia mínima de 20 metros entre pescadores. Serán descualificados todos os concursantes que non estean pescando desde a area, pois está prohibido pescar desde rochas.

Pode dercargar o texto completo das bases aquí >


Todas as novas