Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Cancélase o obradoiro de corresponsabilidade para homes programado para hoxe

O CIM cancela o obradoiro de corresponsabilidade para homes programado para a tarde do venres 16 de outubro debido ao baixo número de inscricións.

O obxectivo deste obradoiro é o de proporcionar unha formación básica para desenvolver eficazmente as tarefas domésticas máis usuais e rachar así cos roles de xénero.

Considérase unha actividade de interese ao mesmo tempo que pode resultar moi divertida, xa que ademais de aprender cousas como pasar o ferro ou as técnicas máis adecuadas para lavar a roupa, os homes tamén cociñarán e poderán degustar os pratos que preparen.

Espérase volver realizar este obradoiro máis adiante e poder contar con maior afluencia de homes interesados.

O CIM informará proximamente das vindeiras datas en que se convocará esta actividade. 

Os interesados poden inscribirse cando o desexen no Centro de Información ás Mulleres (tel.: 986 730 900). 

Esta actividade está organizada polo Servizo Galego de Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller.


Todas as novas