Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Xornada sobre a memoria histórica: entre a liberdade de informar e o dereito ao honor

Fecha: 2009-10-19

A Concellería de cultura do Concello do Grove organiza unha xornada de debate arredor da Memoria Histórica, concretamente sobre a represión dos investigadores e historiadores

No acto presentarase o libro Callar al mensajero, do catedrático Francisco Espinosa, que analiza o intento de silenciar os investigadores levándoos aos tribunais de xustiza por recolleren as voces dos represaliados. Tamén se proxectará a película máis censurada da historia da democracia española, Rocío, de Fernando Ruíz Vergara.

Ao remate haberá un coloquio sobre o dereito a investigar e informar e o dereito ao honor das persoas implicadas en feitos delituosos.

Esta xornada terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, o xoves 22 de outubro, ás 20.00 h, e nela participarán Francisco Espinosa, autor de Callar al mensajero; Dionisio Prereira, historiador; e Antón Mascato, concelleiro de Cultura do Concello do Grove.