Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Guía Redes Sociais e Emprego 2.0

Desde a Concellaría de Economía do Concello do Grove, dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio ás persoas desempregados locais, infórmase da elaboración dunha nova ferramenta para a busqueda de emprego.

Trátase dunha guía Informativa sobre o uso das Redes Sociais para a busqueda ou obtención de emprego a través de Internet. Actualmente, co impulso das novas tecnoloxías, o uso das redes sociais en internet estase convertendo nunha das vías máis importantes para a busqueda de emprego.

Na citada guía infórmase sobre os recursos máis usados, procedementos de uso, aspectos para ter en conta, consellos e máis. Hai que ter en conta que no ano 2012 o 34% das persoas que encontraron emprego estableceron o contacto a través de Internet.

Pode consultala na páxina web do Concello, dentro do apartado de "emprego" ou desde aquí >


Todas as novas