Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Aberto o prazo para presentar candidaturas para o Consello Local do Deporte

Desde o 6 de febreiro está aberto o prazo para presentar candidatos/as para o Consello Local do Deporte e da Actividade Física.

As persoas interesadas en representar os diferentes colectivos teñen de prazo ata o 15 de febreiro para facelo a través do Rexistro do Concello do Grove (rúa Cándido Acuña Blanco, 3).

O número de representantes será o seguinte:

  • 5 representantes dos clubs deportivos, elixidos entre todos os clubs efectivamente implantados na localidade. A distribución: 1 deporte colectivo de mar, 2 deporte colectivo de terra, 1 representante da Asociación de Clubs Deportivos da localidade e 1 dun deporte individual.

  • 1 representante das ANPA

  • 1 representante das AA VV

  • 1 representante da terceira idade.

  • 1 deportista non federado que use as instalacións deportivas ou participe nalgún programa de actividade física ofertado polo Concello.

Cada Club, Asociación de veciños, ANPA...pode presentar un/unha candidato/a para ser o/a representante destes colectivos.


Todas as novas