Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A rapazada do Grove visita a exposición de Cabanillas

Fecha: 2009-10-23

Onte xoves comezaron as visitas guiadas de escolares mecos á exposición sobre Ramón Cabanillas, que estará na casa da cultura ata o vindeiro día 31.

Os encargados de inauguralas foron un grupo de rapaces e rapazas de 2.º de bacharelato do IES Monte da Vila, que tiveron o privilexio de poder contar coas explicacións de Luís Rei, comisario da mostra e autor dunha recente biografía do escritor de Cambados.

O alumnado de 6.º de primaria do CEIP Rosalía de Castro achegouse esta mañá e a semana que vén tocaralles a vez aos mozos e mozas de 4.º de ESO dos dous institutos da vila e a outro grupo de 2.º de bacharelato do Monte da Vila.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES As Bizocas, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a Plataforma pola promoción da lingua galega no Grove.