Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

ITV para motocicletas e ciclomotores no Corgo

Fecha: 2009-10-29

 

A Concellería de Limpeza, Deportes e Seguridade Cidadá anuncia que Supervisión y Control S. A., entidade concesionaria da Xunta de Galicia para a inspección técnica de vehículos (ITV) na nosa comunidade, vai levar a cabo no Grove unhas xornadas de inspección de motocicletas e ciclomotores.  

 

Os días 2, 3 e 4 de decembro desprazarase ata O Corgo (detrás da lonxa) unha unidade móbil para realizar as inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores (de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade) e motocicletas (de dúas rodas con máis de catro anos de antigüidade).

 

As anteditas inspeccións vanse realizar en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.00 h, agás o día 4, que serán de 9.00 a 13.30 h. Asignaranse día e hora de atención ao público directamente na estación móbil desde o primeiro día de chegada ao noso municipio.