Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Festa do Samaín na Praza de Arriba

Fecha: 2009-10-29

 

Organizada polas concellerías de Cultura, Benestar e Comercio, O Grove recupera unha das súas ancestrais celebracións: a noite dos calacús. Será na tarde do sábado 31, na Praza de Arriba. Nela, ademais de obradoiros, actuacións, contacontos, xogos, concursos, procesións de ánimas e disfraces, haberá tallado de calacús, entre outras divertidas actividades dunha tardiña que se prevé intensa de emocións, risas e medos.

 

Decidida a alterar esa festa allea que nos chegou modernamente da man das películas americanas (Halloween) e substituíla por aqueloutra propia (o Samaín, ou Noite dos Calacús) dotándoa do seu máis xenuíno carácter tradicional, a xente do Grove tamén sobe ao carro da restauración das súas festividades tradicionais. Para iso, a noite de Defuntos, previa á celebración de Todos os Santos, dedícase á talla de cabazas (calacús na variante da fala meca), metendo dentro cirios portados por  nenos e nenas que van cubertos  cun lenzo branco co que irlle meter medo ás persoas máis vellas das parroquias.

 

Tradición no Grove

Se se busca na tradición local polas celebracións que se fan no Grove con ocasión do día de Defuntos, atoparemos costumes ancestrais propios, como o de deixar un asento libre na mesa ou racións de comida para os defuntiños, ou facer colares coas castañas novas. A pouco que se lles pregunte a persoas de máis de 50 anos do noso concello, lembrarán que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un paíños coma dentes e deixalas nos camiños cunha candea dentro para asustar os viandantes.

 

Cartel da festa

Programa de actividades