Obradoiros de tarefas domésticas
Fecha: 2009-11-03
O Servizo Galego de Igualdade organiza, a través do Centro de Información ás Mulleres, dous obradoiros que teñen como obxectivo a aprendizaxe da realización de tarefas domésticas. Estes obradoiros están destinados a colectivos que por mor dos roles e estereotipos de xénero non teñen unha práctica desenvolvida nas tarefas do fogar ou que por diferentes circunstancias precisan dun curso acelerado para poder poñelas en práctica con éxito. De modo lúdico e distendido levarase a cabo a aprendizaxe de actividades como lavado da roupa, pasado de ferro ou cociña básica. Todas as persoas que asistan terán un pequeno agasallo e participarán no sorteo doutro agasallo sorpresa.
Obradoiro de Supervivencia para a Mocidade
Lugar: Obradoiro de Emprego Monte das Flores
Datas: sábado 28 de novembro, de 10.00 a 13.00 h; e mércores 2 de decembro, de 17.00 a 20.00 h
Obradoiro de Corresponsabilidade para Homes
Lugar: Obradoiro de Emprego Monte das Flores
Datas: xoves 10 e venres 11 de decembro, de 17.00 a 20.00 h
Inscrición: Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul) ou nos teléfonos 986 730 900 e 986 730 609
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición rematará cando se complete a capacidade da aula.
Estas actividades están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller.