Día do Emprendedor, 28 de maio en Santiago de Compostela
Fecha: 2013-05-13
O próximo 28 de maio desenvolverase en Santiago de Compostela unha nova edición do Día do Emprendedor de Galicia, organizado pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape, co obxectivo de achegar a emprendedores e novos empresarios as habilidades e os recursos existentes para apoiar a posta en marcha de novas empresas e conseguir a súa consolidación ou a súa internacionalización.
Na súa edición deste ano, o Día do Emprendedor de Galicia incluirá itinerarios para mostrar exemplos de emprendemento con éxito, para promover novas oportunidades de creación de empresas, para amosar as diferentes vías de acceso ao financiamento, para adestrar novos emprendedores nas habilidades necesarias para poñer en marcha novas empresas, ou sobre a importancia e as posibilidades da cooperación no eido do emprendemento.