Convenio coa Consellería de Medio Rural
Fecha: 2009-11-09
O alcalde do Grove, José A. Cacabelos Rico, asinou o venres pola tarde, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, un convenio co conselleiro de Medio Rural para levar a cabo a segunda fase das actuacións en Estonllo e zonas de Reboredo co fin de mellorar os servizos de auga e saneamento neses lugares.