Ruta da Traslatio
Fecha: 2013-06-20
A Fundación Ruta Xacobea Arousa Ulla puxo en vigor o Diploma Traslatio e o selado das cartillas para aqueles peregrinos que fagan a Ruta por mar Arousa Ulla. No concello do Grove este selado da cartilla e a súa obtención poderá conseguirse na Oficina de Información Turística (de 10.00 a 20.00 h, de luns a sábado, ou os domingos pola mañá).
Para isto editouse un selo propio que recolle o anagrama da traslatio do apóstolo nunha moeda que forma parte dos restos arqueolóxicos do Xacemento do Carreiro.
Por outro lado, a Fundación Ruta Xacobea elixiu como porto de saída para o Remonte do Ulla do próximo 13 de xullo, o concello do Grove. Por este motivo, desde o Concello ábrese a inscrición para aquelas persoas que queiran tomar parte no remonte. Poderán facelo no correo electrónico oftur@concellodogrove ou no teléfono 986 731 415. O embarque está previsto para o 13 de xullo (sábado) ás 16.30 h no porto do Grove; o regreso, para as 21.30 h (horarios aproximados). Hai 50 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.
Achegamos nos seguintes enlaces os requisitos e condicións para a obtención das cartillas náuticas: