Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Consello Local de Igualdade elixe nova vicepresidenta

Fecha: 2009-11-13

 

O Pleno do Consello Local de Iguladade (CLI) elixiu na súa última sesión a M.ª Luisa Domínguez Filgueira como vicepresidenta da súa mesa. O resto das integrantes do CLI constituiranase segundo se vaian formando as comisións de traballo, que xirarán en torno ao plan de igualdade recentemente aprobado e que a principios de decembro será presentado en público.

 

Ademais, Carlos Álvarez informou os colectivos integrantes do Consello Local da Igualdade das actividades que se farán co gallo do  25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xenero. A este respecto, o propio Consello Local da Igualdade convoca unha concentración  de apoio ás vítimas e de repulsa aos malos tratos o mesmo dia 25, ás 12.00 h, diante da Casa do concello do Grove.