Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Para curiosear, coñecer, aprender, xogar..., as palabras xa teñen portal

Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e o que non. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións pasen pola cabeza...

E naceu O Portal das Palabras, iniciativa da RAG para a difusión do léxico galego. Con vídeos, con xogos, co dicionario, con outro dicionario de sinónimos, cunha "palabra do día", con novas, con "palabras asinadas", con consultas... Con todo isto e moito máis nace O portal das palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. 

E, claro, a mellor maneira de coñecelo é fedellando nel, así que, adiante! O enderezo: www.portaldaspalabras.org

Ah!, e chega con apps do Dicionario RAG para móbiles e tablets con sistemas iOS e Android.


Todas as novas