Publicados os resultados provisionais das probas Celga de xuño 2013
Fecha: 2013-07-11

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello anuncia que a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de publicar as listaxes provisionais dos resultados das probas Celga que tiveron lugar a comezos do mes de xuño pasado. Pódense consultar desde esta ligazón á páxina da SXPL.
As persoas que desexen presentar unha reclamación para que a súa proba sexa revisada pola Conmisión Central de Avaliación poderán solicitalo mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.es. O prazo para facelo remata o día 19 de xullo de 2013.
Máis información no SNL municipal