Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

LOITO OFICIAL NO CONCELLO DO GROVE

Fecha: 2013-07-25

 

O Concello do Grove informa de que, por mor da traxedia ferroviaria acontecida onte en Santiago de Compostela e tendo en conta os sete días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia, se suspenden os seguintes actos públicos previstos para esta fin de semana:

 

  • O espectáculo de rúa Peter Punk
  • O concerto Zarzuela de Verán

 

Así mesmo, o grupo de goberno convoca a toda a cidadanía mañá venres a unha concentración silenciosa ás 12 do mediodía fronte á Casa do Concello, na praza do Corgo.

 

Agardamos contar coa súa presenza para amosarmos xuntos o pesar polo tráxico accidente ferroviario. Queremos manifestar así a nosa mostra de dó por todas as persoas que perderon a vida neste sinistro e transmitirlles o noso apoio e solidariedade ás familias que están a pasar por terribles momentos.

 

As bandeiras da Casa do Concello ondearán a media hasta e con crespóns negros en sinal de loito oficial polo catastrófico accidente.