Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Actividades polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Fecha: 2009-11-13

O primeiro tenente de alcalde, Carlos Álvarez Besada, presentou na última sesión plenaria do Consello Local de Igualdade o programa das actividades que se levarán a cabo proximamente para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Son as seguintes:

 

Contacontos da igualdade, para alumnado infantil. Do 23 ao 27 de novembro. Esta actividade desenvolverase nos centros de ensino e ten como finalidade concienciar a xente miuda desta problemática.

 

Mesa Informativa sobre igualdade. O CIM instalaráa o día 25 na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Tamén informará sobre a biblioteca especializada en igualdade.

 

Concentración en repulsa da violencia de xénero, organizada polo Consello Local da Igualdade. O 25 novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, diante da Casa do Concello, ás 12.00 h.

 

Obradoiro de supervivencia para a mocidade. En colaboración coa Concellería de Xuventude. No obradoiro de emprego Monte das Flores.

    28 novembro, de 10.00 a 13.00 h

    2 decembro, de 17.00 a 20.00 h

 

Obradoiro de corresponsabilidade para homes. No obradoiro de emprego Monte das Flores.

    10 decembro, de 17.00 a 20.00 h

    11 decembro, de 17.00 a 20.00 h

 

Presentación do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do concello do Grove. Martes, 15 de decembro, ás 18.00 h na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

Ciclo de cine Muller e Violencias. En colaboración coa Concellería de Cultura. Os venres 27 novembro, 4, 11 e 18 de decembro, ás 20.00 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.