Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Curso de confección e mantemento de artes e aparellos

Fecha: 2013-07-26

Dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais, informase do inicio do Curso de confección e mantemento de artes e aparellos para o mes de agosto de 2013, en principio para o día 19 de agosto. O curso ten unha duración de 348 horas ofrecéndose ao finalizar o curso o certificado de profesionalidade correspondente. Será o único curso de este tipo que se fai na provincia de Pontevedra.

 

Para poder acceder ao curso é obrigatorio estar inscrito como demandante de emprego no SEPE (antigo INEM) e estar en posesión do graduado en secundaria ou titulación equivalente. O graduado escolar ou o certificado de estudos non é suficiente. O curso realizarase no Centro de Formación Monte das Flores situado en Ardia.

 

As persoas interesadas deben dirixirse canto antes á súa oficina de emprego. Teñen de prazo ata o 30 de xullo na oficina de emprego para anotarse.