Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Curso de Deseño, Planificación e Desenvolvemento de Actividades de Lecer e Tempo Libre

Fecha: 2013-09-04

Curso  que organiza a  Deputación de Pontevedra, dentro do Programa Actívate, e no que colabora  a Concellería de Xuventude do Grove.

 

O programa  Actívate consiste en ofertar un catálogo de accións formativas baseadas nos intereses e inquedanzas que amosan as persoas novas na sociedade actual.

 

Está dirixido a mozos de mozas de 16  a 35 anos,prioritariamente en situación de desemprego. Tamén poderán cursar a súa solicitude aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da relación de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes.

 

No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, a Deputación confeccionará a relación do seguinte xeito: 

1.º Persoas desempregadas que non participasen na edición do Actívate do ano 2012

2.º Persoas en activo que non participasen na edición do 2012

3.º Persoas desempregadas e en activo que participasen na edición pasada

4.º Persoas da relación de agarda (persoas doutros concellos ou de idades diferentes a 35 anos)

 

O curso vai ter unha duración de 40 horas. Está previsto que sexa neste trimestre e en horario de tarde, pero aínda non está fixados a data e o horario.

 

As persoas interesadas en participar neste programa poden inscribirse na OMIX  (Casa Azul).

 

Máis información no espazo web do Programa Actívate da Deputación de Pontevedra.