Convocatoria de cursos presenciais gratuítos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os Celga nas EOI
Fecha: 2013-09-04
No Diario Oficial de Galicia (DOG) do luns 2 de setembro de 2013 publícase a Orde pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas (EOI) de Galicia.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2013 e febreiro de 2014, en horario de mañá ou de tarde.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Pódese ver a convocatoria completa na seguinte ligazón>
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal