Estatísticas da Oficina de Turismo do Grove correspondentes ao mes de agosto de 2013
Fecha: 2013-09-04
Durante o pasado mes de agosto pasaron pola Oficina de Información Turística do Grove un total de 11 676 visitantes. En 2012 acadamos nese mesmo mes 9448, e en 2011 tivemos 11 843.
Do total de visitantes, o 51% tiñan entre 35 e 60 anos, e algo máis de 10 000 foron españois. Case 1000 foron estranxeiros.
Algo mais do 60 % non coñecían o municipio e o 54% aloxáronse en hoteis.
O motivo principal da visita ao municipio do Grove segue a ser o seu contorno natural e cultural.
Pasaron 35 persoas que facían o Camiño de Santiago e a gastronomía foi outra das razóns para visitar a nosa vila. Case a totalidade chegaron ao Grove en coche, e aproximadamente un 50% durmiron aquí sete ou máis noites.
As principais comunidades autónomas españolas das que chegaron os visitantes foron Madrid, País Vasco, Cataluña e Castela e León. No tocante aos países, Portugal, Francia, Alemaña e Reino Unido, entre outros, foros a orixe da meirande parte da xente estranxeira que nos visitou.