Programa de formación dirixido a promover a inserción laboral das mulleres
Fecha: 2013-09-09
O Concello do Grove, en colaboración co Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo, a través do Programa Operativo "Loita contra a Discriminación 2007-2013", pon en marcha o Programa Clara.
Trátase dun programa de formación dirixido a promover a inserción laboral das mulleres. Realizarase a través de itinerarios integrados e personalizados nos que se traballarán tanto aspectos persoais como profesionais das mulleres participantes, e que comezarán a finais do mes de setembro para extenederse ata o mes de outubro de 2014.
Aínda que a duración do programa é longa, a súa metodoloxía permitirá adaptarse ás necesidades das mulleres participantes, tanto nos contidos da formación como nos horarios.
O obxectivo principal do programa é acadar unha mellor empregabilidade das mulleres do Grove.
As mulleres interesadas neste Programa poden solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres, na rúa Castelao, 173.