Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello prepara unha xornada de sendeirismo por Fisterra

Fecha: 2013-09-09

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Concellería de Deportes do Concello do Grove está organizando para o vindeiro sábado 14 de setembro unha saída de sendeirismo pola Ruta do Faro de Fisterra, unha andaina de 10 km que sae desde a igrexa parroquial de Sta. María das Areas e pasa polo Faro de Fisterra, a praia do Mar de Fóra, o Castelo de San Carlos… Trátase dun percorrido circular que nos dará unha boa visión deste fermoso municipio da Costa da Morte.

 

Despois de comer visitaremos a fervenza do Ézaro, e remataremos coa visita ao Santuario de Nosa Señora da Virxe da Barca, en Muxía, un dos máis importantes templos marianos galegos, situado nun marco impresionante ao pé do mar, na bocana da ría de Camariñas.

 

A saída está prevista para as 8.00 h da estación de autobuses do Grove e o regreso será sobre as 21.30 h.

 

O prezo é de 21 euros e inclúe a viaxe en bus e a comida nun restaurante da zona.

 

A inscrición pódese facer a través do tlf.: 657 464 277 ou no mail: tecnicodeportes@concellodogrove.com