Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Contos vivos, na Axencia de Lectura de San Vicente

Fecha: 2013-09-25

 

Coa chegada do outono, a Rede de Bibliotecas do Grove volve poñer en marcha a súa programación de animación á lectura. Este ano comezará cun contacontos na Axencia de Lectura de San Vicente (situada na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder) dentro do programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.

 

Da maleta de Manuel Solla sairán contos vivos, porque teñen vida, xa que todos eles tratan sobre animais. Trátase de historias curiosas e divertidas, cheas de maxia e ilusión e moitas sorpresas para entreter a grandes e pequenos.

 

Entrada de balde.