Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Isabel Barría gaña o Festival da Canción do Grove 2013

Fecha: 2013-10-11

 

 

A cantautora chilena veciña do Grove Isabel Barría resultou onte gañadora do Festival da Canción do Grove 2013 co tema "Estoy amándote". O primeiro premio deste certame, 1.800 euros e un diploma, entregoullo o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez.

 

Tamén se concedeu cadanseu accésit de 600 euros ao dúo formado por Tamara Pérez e Manuel Araújo e ao cuarteto composto por Manuel Abuín, Ramón Núñez, Sito Súarez e Tania Moimenta. Neste caso foron entregados polo concelleiro de Cultura, Carlos Otero, e pola concelleira de Educación, Laura Besada.

 

Alén disto, a Concellería de Cultura tamén lles entregou un agasallo conmemorativo ao resto artistas participantes.