Nova saída de sendeirismo
Fecha: 2013-10-28
O vindeiro sábado día 2 de novembro, as concellerías de Deportes e Xuventude do Concello do Grove organizan unha saída de sendeirismo: Ruta do Xabriña.
Situada nas proximidades da Cañiza, é unha ruta de 17 km, dos que faremos unha parte pola mañá e outra pola tarde. A comida terá lugar na parroquia de Paraños.
A estrutura da ruta é circular, formada por dous grandes aneis que teñen o seu punto de encontro na fermosa ponte Folón. O primeiro anel, que vai desde Paraños ata a ponte, ten como principal protagonista o río Xabriña, as fragas e a abondosa vexetación. O segundo, que pasa por Prado e A Lamosa, vainos permitir coñecer camiños históricos e unha boa arquitectura rural, así como a actividade dos cereiros, xa desaparecida (http://www.montesparanhos.com/ruta/).
O prezo será de 20 euros, que inclúe o autobús e a comida.
Para máis información: 657 464 277