Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Clara Garrido e Irene Collazo, premios á excelencia académica de secundaria do Concello do Grove

Fecha: 2013-11-12

 

  • Os premios entregaranse o sábado na Casa do Concello

  • O obxectivo desta distinción é fomentar e premiar o rendemento académico do alumnado

O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, entrega o sábado 16 de novembro os Premios á Excelencia Académica do curso 2012-2013. Será na Sala das Cunchas da Casa do Concello, ás 12.00 horas. Clara Garrido Parada é a premiada polo seus resultados académicos na ESO, mentres que en bacharelato, o mellor expediente é o de Irene Collazo Arnoso.

 

O obxectivo desta convocatoria é premiar o rendemento do alumnado con mellor expediente académico en cada unha das etapas de educación secundaria, que cursaron estudos nalgún dos dous centros públicos deste concello, IES Monte da Vila e IES As Bizocas. O premio en cada unha das categorías consistirá na entrega dun diploma acreditativo e cheques regalo por valor de 200 euros para cambiar no comercio local. Deste xeito, ademais de recoñecer e premiar publicamente o éxito escolar de dous alumnas do concello, tamén se incentiva o comercio local.

 

Esta é a quinta edición duns premios que pretenden recompensar o esforzo realizado polos alumnos máis sobresaíntes curso escolar 2012-2013, pero tamén queren ser un estímulo para os demais compañeiros.

 

Unha comisión formada pola concelleira delegada de Educación e os directores dos centros de secundaria do municipio realizou a elección das persoas premiadas con base nas cualificacións obtidas polo alumnado.