Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O 23 de novembro, as curtas visten de longo no Grove

Fecha: 2013-11-15

 

 

O I Festival de Curtametraxes do Grove proxectará os traballos máis destacados do momento

 

A Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, en colaboración coa Red de Cortametrajes,  organiza o I Festival de Curtametraxes do Grove, que conta cun premio de 200 euros para o mellor traballo.

 

A cita terá lugar o sábado 23 de novembro, a partir das 20.00 h, na sala nova da Casa do Concello, onde se poderán ver as mellores curtas do momento. A entrada será gratuíta ata completar a capacidade do local.

 

Xunto coas curtas que optan a premio, proxectarase tamén o traballo ¿De qué se ríen las hienas?, do grovense Javier Veiga, quen estará presente neste evento.

 

Pero Javier Veiga non será a única representación local neste festival, xa que unha das curtametraxes que optan ao premio é El rastrillo se quiere comprometer, do tamén grovense Santi Veiga.

 

Esta iniciativa pretende achegarlle este formato á veciñanza da vila mediante a proxección de dez curtametraxes de duración, temática e xénero variados, desde o drama ata a comedia, pasando pola animación ou traballos máis dinámicos e innovadores.

 

O público terá o seu protagonismo neste evento, xa que será o encargado de determinar o traballo gañador do festival mediante unhas papeletas de votación. Deste xeito, as persoas asistentes veranse involucradas nunha valoración activa e crítica do visto na pantalla, que vai máis alá do papel de simples espectadores.

 

Este festival está integrado no circuíto Red de Cortametrajes, unha iniciativa coa que se pretende promover o formato curto, que en 2013 contará con 100 festivais en diversas localidades españolas. A curtametraxe gañadora do festival proxectarase, xunto coas que gañaron o resto de festivais, nunha gala a finais de ano en Madrid.

 

PROGRAMA

 

CARTEL