O vindeiro sábado ditaminarase a obra gañadora da XX edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey
Fecha: 2013-11-18
Dezaoito obras se presentaron a esta nova edición do certame.
O sábado 23 de novembro, ás 11.30 horas, na Casa do Concello do Grove, terá lugar a xuntanza dos membros do xurado e comité organizador para ditaminar o gañador/a da XX edición do Certame Manuel Lueiro Rey de novela curta.
O xurado estará formado Manuel Quintáns, Francisco Martínez Bouzas, Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Juan Tallón, gañador da anterior edición. Todos eles especialistas en literatura.
Un total de dezaoito obras presentáronse a esta nova edición do concurso.
O Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey é un certame literario convocado polo Concello do Grove desde 1992 co obxecto de dar a coñecer a vida e obra deste escritor e xornalista e está dotado con 3.000 euros. En 2011, Mario Regueira, con Outono aquí, foi o gañador do certame; en 2012, o premio recaeu en Juan Tallón pola súa obra Fin de poema.