Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Comercio e Mercado organiza o III Concurso de Escaparates do Nadal

Fecha: 2013-11-26

  

As datas de inscrición comprenden entre o 25 de novembro ata o 9 de decembro

 

A Concellería de Comercio e Mercado, organiza o III Concurso de Escaparates do Nadal, co fin de dinamizar e potenciar o comercio local, e animar a toda a veciñanza a facer as compras do Nadal no noso concello.

 

Os establecementos interesados en participar neste concurso só terán que cubrir a correspondente ficha de inscrición que lles será facilitada no Concello, e a cal ten que ser presentada no Rexistro municipal.

 

As datas de inscrición comprenden entre o 25 de novembro e o 9 de decembro.

 

Os escaparates que participen no concurso terán que estar expostos entre o 9 de decembro e o 6 de xaneiro, ambos incluídos.

 

BASES

FICHA DE INSCRICIÓN