Campaña de recollida de material para o Cipes
Fecha: 2009-11-20
A Concellería de Cultura pon en marcha unha campaña de petición de colaboración cidadá co fin de aumentar os fondos do Centro de Interpretación da Pesca e a Salga (Cipes) situado en Punta Moreiras.
Así pois, solicítaselle a toda aquela persoa que teña algún material relacionado coa pesca, a salga, a conserva ou mesmo a cuncha (do tipo que sexa), e que queira colaborar con esta iniciativa, que se poña en contacto co Concello no teléfono 986 733 190 ou a través do enderezo electrónico cipes@concellodogrove.com.