Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A biblioteca municipal do Grove dobremente premiada no Premio Maria Moliner de Animación a Lectura

Fecha: 2013-12-16

Por obter unha puntuación de 90 puntos ou máis, recibe dous lotes extra de libros: un lote de 56 libros para adultos e outro de 46 de literatura infantil e xuvenil

No mes de abril recibíase a noticia de que o proxecto de dinamización lectora “Sorprendendo desde a biblioteca” elaborado e desenvolvido pola Biblioteca Municipal do Grove en 2012, fora un dos 300 seleccionados en toda España no Premio María Moliner de Animación á Lectura.

O obxectivo deste concurso é seleccionar os mellores proxectos de animación á lectura que desenvolvan as bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes.

O proceso de selección lévase a cabo mediante a análise dunha serie de criterios. Ao puntuar cada una deles tense en conta a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e a inmersión en novas tecnoloxías que conteña a proposta

A semana pasada, nun novo comunicado da Secretaría de Cultura, informábase á biblioteca de que en breve recibiría o lote de libros do premio e que ademais, por ser o proxecto “Sorprendendo desde a biblioteca” un dos puntuados con 90 puntos ou máis, recibiría outros dous lotes de libros, un para adultos e outro de literatura infantil e xuvenil.

A biblioteca municipal do Grove verá así incrementado o seu fondo co seguinte material:

-Un lote de 181 libros de literatura infantil e xuvenil

-Un lote extra de 54 libros para adultos

-Un lote extra de 46 libros de literatura infantil e xuvenil

-Un lector de libros electrónicos

-10 libros electrónicos

-Unha subscrición anual a 5 revistas culturais en papel: Scherzo, Descubrir el Arte, Historia y Vida, Letras Libres y Claves de la Razón Práctica.

 

O persoal da biblioteca xa está a preparar os lotes de libros para poñelos á disposición de todos os usuarios e usuarias durante as vacacións do Nadal.