Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Cultura convoca o I Concurso de Carrozas para a Cabalgata de Reis

Fecha: 2013-12-17

 

Todas as carrozas participantes recibirán un premio de 200 €

As asociacións ou entidades que queiran participar deberán facer a inscrición no edificio administrativo antes do 30 de decembro de 2013

 

A Concellería de Cultura do Grove convoca o I Concurso de Carrozas para a Cabalgata de Reis

Poderán participar no concurso de carrozas todas aquelas asociacións, entidades sen ánimo de lucro, así como os colectivos do municipio que o desexen, logo da súa inscrición.

A presentación das solicitudes realizarase no Rexistro do edificio administrativo municipal (rúa Cándido Acuña Blanco, 3) antes do 30 de decembro de 2013. Esta inscrición será obrigatoria para todas as carrozas que queiran desfilar, entren ou non en concurso, por motivos de organización da cabalgata.

Outorgaráselle un premio de participación de 200 € a cada unha das carrozas participantes no desfile, sempre que se inscribisen previamente no tempo e na forma establecidos.

BASES

 

Cabalgata Papá do Nadal

O martes 24 de decembro Papa do Nadal visitará O Grove e fará un percorrido polas súas rúas para saudar á rapazada do municipio.

A cabalgata do Papá de Nadal comezará ás 19.00 h na ponte da Toxa e percorrerá a rúa Castelao, Rúa da Praza, praza do Corgo, monumento ao Mariscador, Beiramar, Luís Casais e volverá a Castelao ata o “Cruce”.

 

Carteiro Real

O carteiro Real visitará o Grove os días 3 e 4 de xaneiro para atender as peticións de todos os nenos e nenas da vila

O Venres 3 de xaneiro estará na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a partir das 16.00 h

O Sábado 4 de xaneiro o carteiro Real visitará a Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder en San Vicente, a partir das 17.00 h

 

Cabalgata Reis Magos

As súas Maxestades de Oriente chegarán ao Grove o domingo 5 de xaneiro.

A comitiva Real sairá ás 18:30 h do CEIP Valle- Inclán e percorrerá as rúas Tenente Domínguez, Castelao, Cruce de Castelao e Pablo Iglesias para realizar unha Parada na Casa do Concello e poder saudar a todos os veciños e veciñas do Grove.

O seu regreso será por Beiramar ata o monumento mariscador, rúa Luís Casais, Castelao e final no “Cruce”.

Durante este percorrido repartiran 1000 quilos de caramelos, aptos para celíacos, entre todos os nenos e nenas da vila.