Un grupo de 230 persoas visitan a Aldea de Papá Noel en Portugal coas concellerías de Igualdade e Educación
Fecha: 2013-12-23
- Durante todo o día explorarán parques temáticos relacionados co Nadal, con teatros, mini-discotecas, labirintos, escaladas, casas de chocolate...
- As concellerías asumen o desprazamento ata Póvoa de Lanoso
As concellerías de Ïgualdade e de Educación do Concello do Grove trasladan hoxe 230 persoas, nenos e maiores, ata a Aldea de Papá Noel, en Póvoa de Lanhoso. Alí gozarán, durante todo o día, de múltiples actividades, explorando parques temáticos relacionados co Nadal.
Cinco autobuses saíron esta mañá desde a praza do Corgo. Chegados á aldea, a primeira parada foi na verdadeira casa do Papá Noel. Alí nenos e maiores tiveron a ocasión de fotografarse con el. Tamén visitaron a Casa de Chocolate, onde realizaron actividades cos doces como protagonistas. Cine, mini-discotecas, labirintos, e escaladas para os máis aventureiros, completaron esta actividade de lecer.
Con esta actividade, as concellerías de Igualdade e de Educación pretenden completar a oferta lúdica da xente máis miúda da casa durante as festas do Nadal. As concellerías asumen os gastos do desprazamento ata Póvoa de Lanhoso.