Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Rolda de prensa de presentación das VII Xornadas da Centola

Fecha: 2009-11-24

 

O Concello do Grove invítaos á rolda de prensa de presentación das VII Xornadas Gastronómicas da Centola do Grove, que terá lugar o próximo mércores 25 de novembro ás 12 horas no Hotel Hesperia Peregrino. Estas xornadas, que terán  lugar entre o 28 de novembro e o 8 de decembro, contan coa participación dunha trintena de establecementos do noso municipio. O evento conta cun amplo programa de actividades, que inclúe actuacións musicais, actos culturais, concursos gastronómicos, rutas guiadas, obradoiros e unhas xornadas técnicas dirixidas a profesionais do sector hostaleiro.

No acto intervirán José A. Cacabelos Rico, alcalde do Grove, Jorge Olleros, concelleiro de Turismo, Dolores Gondar Meis, vicepatroa maior de la Confraría de Pescadores San Martiño do Grove, e Jaime Devesa Mascato, responsable da Asociación de Hostaleiros do Grove. Tamén estarán presentes representantes doutros colectivos como Emgrobes e o Centro de Iniciativas Turísticas.

Ao finalizar a rolda de prensa haberá unha degustación de pratos elaborados con centola.