Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Proxecto Hortas Ecolóxicas

Fecha: 2014-01-13

 

A Concellería de Medio Ambiente do Concello do Grove informa de que se vai poñer en marcha en breve un novo proxecto pioneiro no que se aposta de novo polo desenvolvemento sostible e o aproveitamento dos recursos. O proxecto, denominado "hortas ecolóxicas", tal e como se anunciou hai unhas semanas, consistirá na utilización de hortas en estado de abandono para a súa utilización como hortas de cultivo ecolóxico.

 

A día de hoxe, xa son numerosos os veciños que ofreceron as súas propiedades a este "banco de terras" coa dispoñibilidade de poñer en marcha o proceso.

 

Todas as persoas propietarias que aínda queiran formar parte desta iniciativa, teñen ata 31 de xaneiro para inscribirse e informarse sobre o procedemento que hai que seguir. Logo de finalizar este período, unha especialista en hortas ecolóxicas seleccionará aquelas que polas súas características sexan as mellores para, a continuación, informar os propietarios da súa incorporación no proxecto.

 

O Concello organizará unha reunión colectiva para explicar o proceso de cesión e as condicións deste. Logo, abrirase unha segunda fase para que se poidan anotar todas aquelas persoas que teñan a vontade de poñer en marcha unha horta ecolóxica para consumo propio.

 

Durante os meses de febreiro ou marzo comezarase o proceso de cultivo.