Renovación das licenzas para a venda ambulante no mercado semanal
Fecha: 2009-11-26
O Concello do Grove anuncia hoxe, mediante un bando da Alcaldía, que o día 31 de decembro do ano que andamos rematará a vixencia das tarxetas para a venda no mercado ambulante semanal dos venres.
Así mesmo, comunica que no prazo establecido entre o vindeiro día 1 e o 30 de decembro de 2009 as persoas que actualmente sexan titulares das ditas autorizacións deberán presentar nas oficinas da Secretaría do Concello a documentación necesaria para a súa renovación.
Máis información no bando