Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza unha sesión informativa sobre a obtención de 'competencias profesionais' no sector da hostelería

Fecha: 2014-01-28

 

Enmárcase dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais

 

O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais, informa da realización dunha sesión informativa sobre o procedemento que se debe seguir para a acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral (ou doutras vías formais ou non formais de formación) relacionadas co sector da hostalería e necesarias para a obtención dos certificados de profesionalidade relativas ás seguintes especialidades: cociña, repostería, servizos de bar e cafetería, servizos en restaurante, recepción en aloxamentos, xestión de pisos e limpeza en aloxamentos; que recentemente se desenvolveron no marco do citado programa.

 

O obxectivo da sesión informativa é contribuír ao recoñecemento da formación e dos coñecementos adquiridos a través da experiencia das persoas que traballan, ou traballaron, no sector da hostalería; así como fomentar a súa aprendizaxe ao longo da súa vida profesional.

 

A sesión informativa será impartida polos profesionais do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

As persoas interesadas en inscribirse poden chamar ao teléfono da Casa Azul (986 730 609) ou enviar un e-mail a orientacion.laboral@concellodogrove.com (Asunto: charla acreditación competencias) co seu nome, apelidos e teléfono de contacto.

 

A sesión informativa está coordinada polo Servizo de Orientación Laboral do Concello do Grove e desenvolverase o vindeiro martes 4 de febreiro do 2014 ás 11.00 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

Máis información