O Concello do Grove celebra mañá o Día da Paz con alumnado de infantil do municipio
Fecha: 2014-01-29
Ás 10.30 horas diante da Casa do Concello
En caso de climatoloxía adversa, a actividade suspenderase
A Concellería de Educación e os colexios de educación infantil Monte da Vila e Nuestra Señora del Carmen organizan mañá, xoves día 30, a conmemoración do Día da Paz. Desenvolveranse actividades diante da Casa do Concello a partir das 10.30 horas. Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos cantarán unha canción que tratará sobre esta temática e algúns dos alumnos e alumnas máis maiores encargaranse de recordarlle ao público asistente o significado da palabra 'paz'. Ademais o alumnado representará con globos brancos unha figura que conmemore este día.
Os actos suspenderanse en caso de climatoloxía adversa. A actividade conta coa colaboración da Rede de Bibliotecas do Grove.