Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Dezaseis persoas inauguran hoxe a Escola de Familia 1.0, posta en marcha pola Concellería de Educación

Fecha: 2014-02-06

  • Durante once sesións ofreceranse recursos dirixidos para conseguir o éxito escolar.
  • O programa inclúese nas accións postas en marcha este curso para reducir o fracaso escolar

 

A Concellería de Educación do Grove pon en marcha esta tarde a Escola de Familia 1.0, cuxo obxectivo é poñer á disposición do alumnado e dos seus pais e nais os recursos precisos para acadar o éxito escolar. Trátase dun espazo de encontro e de aprendizaxe que conta coa participación de oito alumnos de secundaria, que estarán acompañados por un dos seus proxenitores.

 

O programa desenvólvese os mércores e os venres na aula do Edificio de Usos Múltiples do Concello do Grove (Casa Azul). A metodoloxía será fundamentalmente participativa, dirixidos por un profesional en psicoloxía.

 

O enfoque desta Escola de Familia 1.0 diríxese a potenciar competencias e actitudes positivas tanto dos pais como dos fillos, co fin de facilitar un desenvolvemento saudable da personalidade dos menores e das relacións familiares. Trataranse aspectos relacionados cos cambios durante a adolescencia, a comunicación na familia, fomento da autoestima na familia, o afecto e os límites, ferramentas para fomentar o rendemento escolar e a motivación, técnicas de estudo, estilos de vida saudables etc.