O SNL do Concello do Grove avisa de que está aberto o prazo de preinscrición nos cursos Celga da SXPL para 2014
Fecha: 2014-02-13
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove (SNL), dependente da Concellería de NT, Patrimonio e Documentación que dirixe Alexandre Aguín, comunica que está aberto o prazo de preinscrición para os cursos gratuítos de lingua galega que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) para a preparación das probas dos certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 deste ano.
Para poder organizar os cursos e solicitarllos á SXPL, o SNL municipal precisa un mínimo de 20 persoas preinscritas por curso, polo cal non se descarta a organización e solicitude conxunta, como en anos anteriores, cos concellos veciños de Sanxenxo e Cambados.
Dado que a comunicación da Xunta indica que o prazo de preinscrición remata o 24 de febreiro, as persoas interesadas deberán formalizala o máis axiña posible no Servizo de Normalización Lingüística do Concello (Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, baixo), a través do teléfono 986 733 190, de luns a xoves e de 11.45 a 14.00 h ou os venres de 9.00 a 13.00 h. Con todo, aconsellan facelo a través do enderezo electrónico do SNL (normalizacionlinguistica@concellodogrove.com), enviando o seu nome, número de documento de identidade e un teléfono de contacto.
Máis información: