Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove e o de Cambados organizan o Medio Maratón Maralba Running Fest 014

Fecha: 2014-07-23

  

 

A primeira edición desta carreira de 21.097 metros de percorrido disputarase o domingo 28 de setembro e unirá O Grove e Cambados.

 

Esta proba atlética nace coa intención de promover o marisco do Grove e o albariño de Cambados,  de aí o nome de Maralba.

 

A organización estableceu as categorías promesas, sénior e veteranos, tanto masculinas coma femininas.

 

O prazo de inscrición xa está aberto e terá un custo reducido de 12 € ata o 28 de agosto e outro de 15 € desde o 29 dese mes ata o 24 de setembro.

 

Regulamento da proba>

 

Inscricións>