Estatística de visitantes en outubro
Fecha: 2014-11-03
O total de visitantes que pasaron pola Oficina de Turismo do Grove no mes de outubro foi de 3.379 persoas. Un 75% das cales achegáronse desde diversas provincias de España; un 8% foron estranxeiras e o resto, galegas.
Para un 40% foi a primeira vez que se achegaban ao Grove e un 60% xa estivera en máis ocasións.
Case un 70% aloxáronse nalgún hotel e tamén ese mesmo tanto por cento veu ata a nosa vila pola celebración da Festa do Marisco. Un 14% destacou que a súa principal motivación foi coñecer a natureza e a paisaxe da zona. Vinte persoas pasaron por aquí de peregrinación a Santiago de Compostela.
A maioría chegou en coche, un 21% en autobús e un 12% en avión (ata os aeroportos máis próximos). Case un 22% quedou no Grove 3 días e un 10% non se aloxou no noso municipio.