Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Cultura do Concello do Grove entrega o sábado 10 de xaneiro os premios do II Concurso de Pintura Ernesto Goday

Fecha: 2015-01-09

 

O acto desenvolverase ás 12.00 horas na Casa do Concello

 

Este ano o primeiro premio foi para Carmen Duro pola súa obra “Casa de Peralto”. Así mesmo, oxurado tamén concedeu tres accésits: a Diego Vites García, pola obra “Mariscando na Ría”; a Marene Lasagabaster Tricio, pola obra “Al atardecer”, e a Pedro Vergara, pola obra “Marea baja”.

 

Os premios entregaranse nun acto que comezará ás 12.00 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove e durante o que tamén se clausurará a exposición.

 

A Concellería de Cultura quere convidar a todos os amigos e coñecidos da familia de Ernesto Goday, a todos os membros das asociacións, veciñanza… a que asistan á entrega dos premios.

 

Un total de corenta e cinco obras presentáronse a esta segunda edición do certame pictórico meco, que contou con Josebe Arrillaga Chopitez, Clara María Martínez Vindel, José Ángel Rodríguez López (Gogue) e Menchu Outón Argibay como membros do xurado.

 

Máis información aquí>