Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Comeza a dixitalización do arquivo do Grove

Fecha: 2015-07-07

Dentro do proxecto eDepo: a Administración nun CLICK da Deputación de Pontevedra, e mediante o financiamento de fondos europeos, comezan os traballos que permitirán contar cunha gran parte dos fondos documentais do Grove en arquivos dixitais, o que permitirá un acceso máis sinxelo para a cidadanía.

 

Onte comezaron os traballos de dixitalización do Arquivo Municipal do Grove, situado na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Este procedemento vai parello a outro proxecto, tamén mediante financiamento da Deputación, denominado “DepoTIC. A tecnoloxía nas túas mans” que permitirá mellorar os procesos de xestión e catalogación do patrimonio cultural, potenciando a súa difusión. Este plan tradúcese na implantación de novos programas de arquivo que permitirán que o acceso público, a través de internet, resulte máis sinxelo, sen necesidade de facer desprazamentos e creando un conxunto de e-servizos que permiten acceder ao patrimonio documental.

 

Neste primeira fase está prevista a dixitalización de 849 libros, expedientes ou agrupacións documentais -dos 33 572 que actualmente conserva o arquivo- incluídos nun período cronolóxico que vai desde 1833 ata 2013, cunha estimación de máis de cen mil imaxes.

 

Anexo cos documentos que se dixitalizarán neste proceso