Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello programa dúas novas saídas de sendeirismo polo municipio para os vindeiros días

Fecha: 2015-08-11

O Concello do Grove pon en marcha dúas saídas de sendeirismo pola nosa vila para os días 12 e 14 de agosto.

 

Dado que para estas mañás non hai previsións de que vaia moita calor, propoñemos unha actividade alternativa, gratuíta e guiada para veciños e visitantes.

 

Se che gusta a natureza e camiñar, non podes deixar de apuntarte. Seguramente descubrirás recunchos e paisaxes do Grove que nin sequera imaxinabas. 

 

Non é precisa inscrición previa, só presentarse no lugar de saída o día e á hora que aparecen no programa de cada ruta.

 

Rutas Camiña O Grove>