Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

As Xornadas da Centola tamén son para os máis cativos

Fecha: 2015-12-05

 

O vindeiro luns desde as cinco da tarde abrirase o Centolo Park na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

Dentro da programación das XIII Xornadas da Centola o vindeiro luns, 7 de decembro, terán lugar as actividades do Centolo Park. A partir das 16.30 horas, todos os rapaces e rapazas que se acheguen á casa da cultura do Grove poderán participar nas “actividades centoleiras”. Así, faranse obradoiros para reproducir un fondo mariño no escenario da casa da cultura e poder disfrazarse de centolas e os mariscos que se atopan nos nosos fondos. Tamén haberá photocall e un obradoiro de estampación de camisetas (é preciso que os cativos leven as súas prendas para “tunear”), maquillaxe centoleira, globos mariños e moitas sorpresas e maxias completarán o programa ata as 20.00 horas. 

 

O Concello pretende, deste xeito, facer partícipes aos máis novos destas Xornadas da Centola, permitindo ademais que teñan actividades especiais nunha data entre festivos. Convídase a todos os pais e nais a que acompañen aos rapaces á Casa da Cultura para gozar deste evento. 

 

Previsións

 

As XIII Xornadas da Centola rematarán o vindeiro martes, 8 de decembro, cun acto de recoñecemento aos mariñeiros xubilados. Será ás 12.30 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello e nese mesmo acto entregaranse os premios do Concurso da Centola Viva, do maratón centolográfico e do picoteo de centola. Tamén se lle entregá a Cáritas do recadado na poxa das centolas.