Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello recibe unha nova subvención para a mellora do mercado municipal

Fecha: 2016-10-18

Neste caso concedeuse unha axuda para a consecución de mercados de excelencia.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia acaba de concederlle ao Concello do Grove unha subvención dentro das axudas destinadas á consecución de mercados de excelencia. Trátase dunha achega de 34.449 euros para a mellora da calidade e imaxe do mercado municipal que, dun xeito máis concreto, deberán destinarse ao pintado total da zona interior do mercado.

 

Procederase ao pintado total do mercado e a colocar paneis que corrixan a zona superior deste espazo e que melloren a súa imaxe. O custo total da obra é de 49.212,96 euros, sendo a diferenza desta asumida polo Concello. Lembramos que esta subvención se une á outorgada para a creación de espazos de emprendemento que serán situados neste mesmo mercado e cuxas obras comezarán nos vindeiros días.