Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais no ano 2024

Fecha: 2024-06-19

Primeiro. Obxecto

 Regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que, no eido da cultura e nas súas diversas formas, promovan asociacións culturais sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese cultural para o Concello do Grove e dirixidas á poboación en xeral.

 

Segundo. Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as persoas físicase xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser asociacións culturais validamente constituídas,debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e atoparse cumprindo os seus fins, como mínimo, durante os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.
  • Carecer de fins de lucro (acreditándose cunha declaración responsable do representante).
  • Ter o seu domicilio social e desenvolver a súas actividades no ámbito territorial do Concello do Grove.
  • Realizar actividades de interese cultural no ámbito do municipio.
  • Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvención públicas.
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa seguridade social. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas asociacións que teñan pendente de xustificar subvencións concedidas no exercicio anterior do mesmo programa.
  • Cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 daLei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o seu Regulamento, aprobado polo RD 887/2006, de 21 de xullo.

 

Terceiro. Bases reguladoras

 Aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 10.06.2024 que se publicarán no taboleiro de anuncios, na sede electrónica do Concello e polos medios habituais.


Cuarto. Crédito, contía e límites das subvencións.

A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 1 de decembro de 2024 con cargo ao crédito da aplicación 334.48000 do orzamento municipal para 2024, e non poderá superar a contía global de 30.000 €. Este importe será repartido entre as asociacións e entidades solicitantes segundo os criterios que se establecen na base novena.

A contía da subvención estará en función dos programas e dos recursos con que conte para cubrir parcialmente estes, será variable e determinarase, en cada caso, a contía solicitada pola entidade ou asociación e a valoración e baremación que das mesmas faga a Comisión de Valoración.

A subvención non poderá exceder o custo da actividade ou actividades aos que se aplique, incluíndo no cálculo tódalas subvencións percibidas, directa ou indirectamente, polo beneficiario para a mesma finalidade, tanto de entes públicos como privados. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade a desenvolver polo beneficiario.

No caso de que a contía resultante da aplicación da puntuación supere o orzamento proposto para a mesma, diminuirase a achega municipal ata igualar asuma dos gastos totais.

 

Quinto. Lugar e prazo de inscrición.

Na Sede Electrónica do Concello do Grove ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

O prazo para a presentación da solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.


Enlace descarga