Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA A PROGRAMACIÓN DO 1º SEMESTRE DE 2026 DA REDE GALEGA DE TEATROS CO MUSICAL “O LIBRO DA SELVA”

Fecha: 2026-02-25

O Grove, 25 de febreiro de 2026.- O Concello do Grove continúa a programación do 1º semestre de 2026 da Rede Galega de Teatros e Auditorios o domingo 15 de marzo, ás 18.00 h, co musical “O libro da Selva” a cargo de Artika Cía.

“O libro da Selva” é un espectáculo de teatro musical dirixido a público infantil e familiar.

A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan.

Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… Conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar?

Música en directo, voces que emocionan e unha posta en escena chea de enerxía dan vida a un dos poucos musicais de gran formato creados integramente en galego. Un espectáculo único, vibrante e cheo de maxia, pensado para a infancia… E para todas as familias que queiran deixarse levar pola forzada aventura.

 

Adquisición de entradas

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 13 de marzo, de 11.00 a 13.30 h ou no propio Auditorio do Grove o domingo 15 de marzo, de 17.00 a 18.00 h.


cartel